A Amazonía enche de vida e cor ao alumnado de Primaria

Profesores e alumnado de 5º e 6º de Primaria tiveron a oportunidade de gozar de unha experiencia única: a visita da Amazonía ao noso colexio. Unha expedición de tres persoas procedentes desa parte do planeta compartiu un espazo cheo de cor e de vida para achegar a realidade do considerado maior pulmón verde da Terra. Invitados por la ong xesuíta Entreculturas, explicaron a importancia do cuidado da Casa Común, da conexión entre os homes, as prantas, os animais e a auga. Francisco Chagas, líder indíxena da tribu Apuriná, contou as ameazas e a falta de respeto polos seus dereitos que están a sufrir os pobos indíxenas do Amazonas, acosados e ameazados polas multinacionais mineiras, medereiras, hidraulicas… que están a destruir boa parte da Amazonía. Os nosos alumnos tiveron a oportunidade de coñecer a cultura indíxena, as seus costumes, cantos, tradicións e a razón de cómo e por qué pintan as súas caras con diferentes cores. Laura Vatorta Raymunda Leixoes, misioneiras no Brasil, compartiron a súa labor de acompañamento dos pobos indíxenras con organización de igrexa vinculadas a Compañía de Xesús. Esta expedición de Brasil, que está a recorrer España, está animada por Entreculturas despois das celebración en Roma, durante o pasado mes de outubro, do Sínodo da Amazonía convocado polo Papa Francisco.