Andrés Díaz de Rábago, pai xesuíta que leva evanxelizando 70 anos en China, foi nomeado como un dos “Galegos do Ano”. Este recoñecemento tivo lugar en Santiago, na gala que organiza o diario “El Correo Gallego”.
Díaz de Rábago, de 102 anos de idade, naceu na Pobra do Caramiñal no mesmo ano que este colexio establecíase en Vigo. No Apóstol estudou 8 cursos, garda un magnífico recordo daquela época na que os xesuítas padeceron o desterro a Portugal.
Este xesuíta, médico de profesión, sigue traballando en Taiwán e actualmente pasa por ser o antigo alumno vivo deste colexio de maior idade.
Noraboa e todo noso cariño para o pai Díaz de Rábago.
Máis información
https://infosj.es/noticias/15653-el-padre-andres-diaz-de-rabago-nombrado-gallego-del-ano-a-sus-102-anos