Dous alumnos, premiados polos seus debuxos e relatos sobre a violencia de xénero

Un ano máis, alumnos do noso Colexio foron distinguidos pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra que organizou, por terceiro ano consecutivo, un concurso de relato curto e debuxo con motivo do 25 N, Día Internacional conta a Violencia de Xénero. Os alumnos premiados nesta ocasión foron: Lucía Ardao Cuevas, de 2º de Bacharelato A, primeiro premio na categoría 2 (Bacharelato e FP Superior) de relato curto, titulado “Fin da Cita”. E Mario do Prado Lago, de 1º Bacharelato A, logrou o segundo premio categoría 2 (Bacharelato e FP Superior) modalidade de debuxo, co traballo titulado “Cuestión de tempo”.     Nesta edición presentáronse un total de 327 traballos entre as dúas categorías. Para o relato curto, o xurado estivo composto polos escritores Manuel Loureiro e Montse Fajardo; o profesor do instituto Valle Inclán, Eduardo Cid; e a profesora da UNED, Mila Lores. Os premios estiveron organizados pola Unidade de Violencia de Xénero da propia subdelegación provincial, e Maica Larriba, subdelegada do Goberno en Pontevedra, quiso destacar “a importancia de ver reflectida a visión dos máis novos ante un problema tan importante como a violencia machista”. O acto tivo lugar o pasado xoves 21 de novembro na sede de Afundación, en Pontevedra, onde se entregaron os premios nunha gala institucional.