VI Concurso de Postais Navideñas Apóstol Santiago

O Colexio pon en marcha, coa colaboración da Asociación de Nais e Pais (ANPA), a sexta edición do concurso de postais navideñas. Trátase de elaborar unha postal de Nadal, para o que a técnica será libre e débese entregar en papel en tamaño DIN a 5 ou DIN a 4. Os traballos deben ser orixinais e inéditos, non puidendo ser presentados anteriormente a outros concursos. É unha iniciativa para alumnado da ESO e Bacharelato. O prazo para entrega de traballos remata o 13 de decembro. O premio principal será a impresión e divulgación da obra gañadora como postal de Nadal do Colexio en 2020, ademáis dun kit de pintura. Ésta foi a obra gañadora hai un ano que será o decorado principal da felicitación colexial destas navidades de 2019 que en breve recibiredes.