slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8 slideshow 9

TEMAS DESTACADOS

Versión para impresiónVersión PDF

UN DOS MELLORES REGATISTAS OCEÁNICOS DO MUNDO, ESTE VENRES NO COLEXIO

“Chuny” Bermúdez de Castro, un dos mellores regatistas oceánicos do mundo, estará este venres 9 de decembro no colexio. Será no salón de actos, a partir das 12.15 horas, e falará para os alumnos de 2º de ESO dentro das actividades do "Proxecto Vendée Globe". Unha oportunidade única para coñecer de cerca as regatas volta ao mundo con este coruñés, enxeñeiro industrial de formación, casado e con tres fillos. 
Acaba de gañar, a bordo do Abu Dhabi Ocean Race,  a última  edición da Volvo Ocean Race (volta ao mundo por etapas e con tripulación). É o segundo regatista español que o consegue en 40 anos de historia.

EN MARCHA A CAMPAÑA DE NADAL 2016

Co inicio do tempo de Advento, este mes de decembro desenvolvemos nas diversas áreas da comunidade escolar a Campaña de Nadal 2016, un tempo para celebrar pero tamén para lembrar o noso compromiso cos que menos teñen.

Este ano, o Centenario do Colexio Apóstol en Vigo anímanos a dar grazas por tanto ben recibido, por tanto camiño percorrido, pero sen esquecer que a realidade da nosa sociedade é dura para moitas persoas. Por iso, coas nosas accións tentaremos mellorar un pouco a vida dos demais.

Os alumnos de ESO e Bacharelato levarán a cabo a campaña de recollida de alimentos, cunha charla de motivación sobre a mesma e toda a loxística para que cheguen aos seus puntos de destino. En Infantil e Primaria realizarán o Belén Vivente, haberá celebracións e algunhas, como  o Día dos Avós e Avoas (14, 15 e 16) estarán abertas ás familias.  Teremos os festivais por ciclos, a decoración das árbores do barrio e, o día 21, a chegada ao colexio dos paxes e dos Reis Magos.

QUEREMOS AGRADECER ÁS FAMILIAS OS 9.000 € RECADADOS PARA PROXECTOS SOLIDARIOS

Finalizamos o segundo tempo do curso, o da Solidariedade e o do valor Compromiso. E facémolo co agradecemento polo recadado en diversas accións que levamos a cabo durante os últimos meses.  O pasado 23 de outubro, a nosa mobilización a favor do Domund conseguiu 5.708,97 euros, grazas ao apoio dos alumnos e das súas familias.

A iso únense outras dúas accións solidarias realizadas no terceiro trimestre do curso pasado, das cales podemos comunicar e agradecer os 2400 euros da II Carreira Solidaria entregados a partes iguais a distintas ONGDs da cidade e os 2.404,67 das festas colexiais. 
Esta última cantidade foi entregada este mes, xunto con 600 euros da Carreira Solidaria, aos proxectos que con refuxiados está a levar a cabo a ONG Entreculturas.

ABRIMOS A PÁXINA DE FACEBOOK DO COLEXIO

A partir deste venres, 25 de novembro, abriremos de novo a nosa páxina de Facebook tras un período de axustes e melloras na mesma. Xunto a twitter, queremos que se converta nunha ferramenta de información constante con toda a comunidade educativa do colexio, coas familias dos nosos alumnos e coa sociedade en xeral.

Gustaríanos que todos os usuarios desta rede social entrases á nosa páxina para compartir informacións, dicir se vos gustan os post que imos colgado e para que nos axudedes a dar difusión da mesma a todos os niveis.

Como información principal nos próximos días, creamos un evento cos actos de celebración do Centenario do colexio en Vigo, que será o próximo 2 de decembro, e que podemos promocionar e compartir desde os nosos perfís e páxinas de Facebook.

 

O PAN, PROTAGONISTA NO COMEDOR ESTE VENRES

O programa educativo que este curso está a levarse a cabo no comedor escolar adica este venres a un alimento básico na nosa alimentación: o pan. Ofrecerase toda a variedade posible de pans: de cebada, noces e pasas, millo, cebola, multicereal,…  Ese día non haberá pan normal no menú, xa que se busca que os nenos e nenas investiguen os diferentes pans e que elixan o que máis lles guste.

O pasado mes, o último venres tamén foi especial para os usuarios do comedor, que gozaron cunha xornada de comida mexicana.

 

Páxinas

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA