Xornada gastronómica das Illas Canarias

O noso alumnado de comedor achegouse estes días á gastronomía das Illas Canarias, as verduras e froitas típicas, como o famoso plátano canario. Unha forma diferente e atractiva de coñecer outras culturas e outros tipos diferentes de comidas. Estas xornadas forman parte do proxecto educativo que tamén se traballa no comedor, onde se ensinan outras gastronomías, anímase a unha alimentación sa e saudable e faise deste espazo unha aula de aprendizaxe.