Celebramos a Semana Ignaciana 2021

Comezamos cinco días ben importantes para o Colexio, porque neles queremos poñer en valor a nosa identidade como centro da Compañía de Xesús, que está a piques de cumprir os seus 150 anos desde a súa fundación en 1872.
A rica peregrinación do Colexio Apóstol Santiago non se entendería sen a espiritualidade ignaciana e o sinal de tantas persoas, xesuítas e laicas, que entenderon a educación como misión. Neste ano 2021 dispoñémonos a celebrar a SEMANA IGNACIANA con diversas iniciativas que vos resumimos a continuación:
Oxalá que todas elas sirvan para dar grazas á Compañía, para retomar aqueles acenos de identidade que nos fan ser “centro evanxelizador” e para que cada un e cada unha atope un momento na semana para sentir e gustar internamente deses valores que emanan do “compromiso no servizo da fe e a promoción da xustiza que esta mesma fe implica”.
Luns 22: Nos cursos superiores: “Oración da mañá ignaciana”. E así o farán ao longo desta semana todos os demais cursos do colexio.
Martes 23: O alumnado de Bacharelato realizará talleres de ” Discernimiento á ignaciana ( DALI)”
Mércores 24: Claustro de identidade e sentido para todo o profesorado do centro, a cargo do pai Benigno Álvarez Lago sj, delegado da Plataforma Apostólica de Galicia e, tamén, antigo alumno do Apóstol. Ademais, culminando o proceso de preparación ao sacramento da Confirmación, ás 19:30 h, un grupo de case vinte novos de 2º Bacharelato recibirá este sacramento.
Xoves 25: Un día grande na SEMANA IGNACIANA pois case 900 alumnos/as de Educación Infantil e Primaria celebrarán as súas convivencias no contexto desta semana.  De 18:00 a 20:00 horas, unha sesión máis da Nova Escola de Familias. Para ese día contaremos coa achega de Antonio Gordillo, coordinador pastoral da nosa zona jesuítica centro-noroeste, que nos propoñerá unha lectura educativa dalgúns momentos na vida de San Ignacio. Todas as persoas que queirades participar escribide ao correo: escuela.familias@colegioapostol.com para que podamos enviar a ligazón para conectarvos.
Venres 26: Convivencias ignacianas para os catro cursos da ESO, acompañadas polos seus titores e cun invitado especial, un novicio xesuíta, Manuel Albiñana, que nos dará testemuño das súas vivencia persoal neste camiño de preparación para chegar a ser xesuíta. Ademais, dado que o grupo que estaba en preparación ao sacramento da Confirmación é moi numeroso, esta mesma tarde, ás 19:30 h, outros case vinte novos de 2º Bacharelato recibirán este sacramento.
Feliz semana para todas e todos