Volven as excursións de sempre para alegría do noso alumnado

Despois do parón provocado pola pandemia, o colexio recupera algunhas das súas actividades no exterior máis tradicionais.

Esta semana un grupo de 1º de Bacharelato está a realizar o Camiño de Santiago, no seu roteiro espiritual, desde Vigo e ata a capital compostelá.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Outro grupo de 4º de ESO goza da semana da neve na estación invernal de Leitariegos, na montaña leonesa.

 

 

 

 

 

 

 

E o alumnado de 6º foise de excursión ao Centro de Interpretación Rupestre de Campolameiro a coñecer o noso pasado a través de pedras, petroglifos e da arte da cerámica.

 

 

 

 

 

 

 

 

Viva a volta á normalidade!

X