O departamento de Ciencias do colexio pon en marcha un novo concurso, a primeira edición do “Baltasar Merino”. Consistirá no deseño, elaboración e explicación dun proxecto de ciencias que ilustre algún concepto científico ou a realización dunha pequena investigación.
Está destinado ao alumnado de ESO e Bacharelato, en dúas categorías, e os traballos poderán presentarse de forma individual ou en grupo de tres persoas máximo.
O tema será “As pandemias ao longo da historia”.
O prazo de entrega dos traballos rematará o 26 de abril.
Este concurso faise coa colaboración de Asociación de Nais e Pais (ANPA) do colexio.
Podes consultar as bases do I Concurso de Ciencias “Baltasar Merino” aquí.