Obradoiros, encontros deportivos multiculturais, exposicións, ximkana, zumba, música, xogos de rol e escape roon ou actividades nas aulas cos máis pequenos foron algunhas das acción que levamos a cabo coa comunidade escolar este 4 de febreiro, xornada na que celebramos O Día do Migrante coma min. Un momento para achegarse, de maneira cercana, empática e solidaria á situación que viven millóns de persoas no mundo obrigadas a desplazarse fora da súa terra.
Cáritas, Accem, Provivenda, Secretariado Xitano e Entreculturas foron as entidades sociais que colaboraron nesta xornada de convivencia e sensibilización.
Ademais, como eixo central, houbo un xantar solidario e sencillo a base de arroz, tomate e froita, o prezo de 5 euros, recadación que chegará a un proxecto que Entreculturas xestiona na fronteira de México con Guatemala de apoio as personas migrantes de Centroamérica.
E dentro do noso compromiso co medioambente, dentro deste Día do Migrante, realizamos unha acción de compostaxe de todos os residuos orgánicos xenerados durante o xantar coa colaboración da Deputación de Pontevedra e do seu programa Revitaliza.