Tres cursos gozan de diferentes actividades en Galicia, León e Euskadi

O Colexio está a vivir a tradicional semana de saídas e excursións de diferentes cursos, unha maneira de gozar en grupo e de compartir experiencias moi distintas do día a día das clases. Un grupo de 3º de ESO realiza a pé o Camiño de Santiago desde Vigo ata Compostela, unha das actividades máis antigas das que se realizan no Apóstol. Na montaña de Leitaregos, en León, o grupo de 4º da ESO disfruta da clásica semana da neve. Mentras, camiño do santuario de Loiola, os alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato coñecen outras localidades nesa viaxe, como por exemplo Bilbao.