II Xornadas de Orientación Universitaria para alumnado de Bacharelato

Os cerca de 100 alumnos que cursan 2º de Bacharelato no Apóstol participaron nas II Xornadas de Orientación Universitaria, organizadas polo Colexio en colaboración coa ANPA, durante toda a xornada do pasado 12 de marzo. O día comezou coa visita á Universidade de Vigo, no seu campo de Lagoas-Marcosende. Alí coñeceron as distintas facultades (Teleco, Minas, Industriais, Química, Bioloxía e Ciencias do Mar) e disfrutaron do ambiente universitario. Xa pola tarde houbo tempo para as charlas. A primeira, no salón de actos, onde Marina Bouzas faloulles da toma de decisións “desde a calma”. A intensa xornada rematou nas aulas de Bacharelato onde un grupo de diferentes profesionais explicaron cómo é a súa profesión, como foi o seu paso pola universidade, e atenderon as preguntas do alumnado. Estas charlas dividíronse en cinco grandes áreas de coñecemento en función dos seus intereses: xurídico-empresarial, tecnolóxico, sanitario, bioloxía-investigación e social.

Durante a visita as instalacións de Teleco, na Universidade de Vigo

O director de Teleco, Íñigo Cuíñas, durante a explicación ao noso alumnado

Algúns dos profesonais que visitaron as aulas de Bacharelato

Unha parte do grupo de profesionais que falaron dos seus traballos

Un momento da charla de Marina Bouzas no salón de actos