Tecendo Lazos No Camiño

Peregrinar fai comunidade…

Desde o equipo de pastoral do noso colexio e do Santa María del Mar, en colaboración con profesorado de 5EP, puxemos en marcha a PreJavierada. Trátase dunha iniciativa na que buscamos crear convivencias especiais entre os alumnos de ambos centros para establecer lazos cara a Javierada de 6ºEP.

O pasado día 5 de abril, 200 valentes alumnos de ambos centros realizaron unha pequena peregrinación desde o monte do Gozo ata a Catedral de Santiago, onde realizaron peticións por ambos colexios e polas familias que os compoñen.

Unha experiencia de encontro na que ademais de compartir camiño, visitaron a catedral e realizaron xogos de socialización nas instalacións de San Francisco Javier-Xesuítas, intercambiaron obxectos que se devolverán en Javier, e selaron os carnés de peregrino que volverán selar o próximo ano.