Retiro previo á Confirmación de 2º de Bach

Xoves do Centro Loiola e alumnos de 2º de Bach remataron este sábado 24 un retiro de dous días previo á Confirmación, que van celebrar o vindeiro 14 de Nadad. Foi un tempo de reflexión, de interioridade e de confirmar os seus compromisos persoais. Na eucaristía final estiveron acompañados polas súas familias. Tamén recibiron unha cariñosa misiva do señor obispo de Tui-Vigo, don Luis Quinteiro, na que dicía: “En nome do Papa Francisco, quérovos dicir que a Igrexa vos necesita e que vos esperamos con toda ilusión para camiñar xuntos na Diocese de Tui-Vigo”.