María Rodríguez Domínguez, premio extraordinario da ESO

A nosa alumna María Rodríguez Domínguez, de 16 anos, foi galardoada co Premio Extraordinario da ESO 17/18. Recoñecemento que fai a Xunta aos mellores 20 expedientes de Secundaria de toda Galicia, que ademáis foron sometidos a unha proba extra con 6 exames específicos o pasado mes de setembro. María estudou no Colexio dende os 3 anos ata finalizar, o pasado curso, cuarto da ESO. Esta etapa a rematou con máis dun 9 de nota media. María é unha lectora empedernida dende pequena e outra das súas grandes aficións é a música. “Estudo viola no Conservatorio Profesional de Vigo e toco en varias orquestas. Tamén góstame moito a Física e as Matemáticas, de feito será o dobre grao que quero estudar cando chegue a miña etapa universitaria, seguramente en Santiago”. Cando tiña 12 anos foi seleccionada no programa EsTalMat Galicia e a partir de ahí gañou varios premios, entre eles dúas mencións de honra na Olimpiada Matemática e incluso gañou, con outros alumnos do Colexio, o Rallye Matemático sin Fronteiras, en Toulouse. Nesta liña, confesa que “unha das persoaxes que máis admiro é Stephen Hawking, a quen tiven a sorte de coñecer por sorpresa un día antes de cumprir 13 anos”. Recoñece que este premio faille moita ilusión, porque “supón un recoñecemento ao esforzo de todos estes anos. Aínda que preparei ben os exames, sabía que éramos moitos os que optábamos e non estaba moi segura de poder conseguilo. Por iso, en certo modo, foi unha grata sorpresa”. Guardar