Publicados os listados definitivos do Fondo Solidario de Libros da Xunta

Desde o xoves, 9 de xullo, están expostos no taboleiro de anuncios do Colexio Apóstol os listados provisionais do Fondo Solidario de Libros de Texto 2020-2021 que convoca a Xunta de Galicia. Tras o prazo para reclamacións, informamos que as familias de Primaria xa poden consultar, desde o pasado 17 de xullo, e soamente no taboleiro de anuncios do Colexio, os listados definitivos de Educación Primaria.

Para poder consultalos, estamos abertos de luns a venres e de 08:00 a 14:00 horas.
X