O Colexio consegue un 99,1% de aprobados na convocatoria de xuño da ABAU

No curso que acaba de finalizar matriculáronse en 2º de Bacharelato 113 estudantes, dos cales 108 presentáronse á convocatoria da ABAU de xuño e aprobaron 107, o que supón un 99,1% de aprobados. Un magnífico dato para o noso colexio, ao que debemos engadir que o alumnado con recoñecemento ós mellores expedientes da ABAU (nota superior a 9) foron 7 este curso 22-23 (5 alumnas e 2 alumnos). Non podemos máis que felicitarnos por estes bos resultados académicos e dar os parabéns ao noso alumnado, ás súas familias e ao resto da comunidade educativa do Colexio Apóstol Santiago. Unha magnífica noticia para rematar este curso 22-23 e desexar un moi feliz verán para todas e todos.