Nace a campaña dos xesuítas #Seguimos

A campaña #Seguimos é un esforzo solidario de todas as obras, institucións, comunidades e grupos vinculados aos xesuítas para ofrecer unha resposta integral ás necesidades das persoas máis vulnerables afectadas pola crise. Unha comisión  intersectorial, xunto co provincial, leva meses traballando neste concepto novo que mostra o compromiso da Compañía para seguir acompañando á poboación máis necesitada na progresiva volta á normalidade. #Seguimos ten por obxectivo apoiar o traballo que os distintos sectores, obras e comunidades viñan desenvolvendo con poboación vulnerable, e que adquiriu especial importancia durante e despois da crise do  Covid. En concreto impúlsanse tres grandes liñas: 1 Axuda de emerxencia para atender a necesidades básicas: alimentación, vivenda, saúde, etc. 2 Acompañamento nos ámbitos educativo,  psico-social e de inserción laboral, mediante a formación, a acollida e a atención ao reforzo escolar e a redución da fenda dixital. 3 Cooperación internacional, apoiando os esforzos das obras da Compañía naqueles lugares do mundo afectados pola crise e con menos recursos para facerlle fronte. A iniciativa #Seguimos pretende visibilizar estas realidades e obter os recursos necesarios para poder soster e despregar os proxectos desenvolvidos polas organizacións sociais, parroquias, centros educativos, ONG e universidades xesuítas. #Seguimos fai un chamamento á contorna próxima da Compañía para apoiar esta acción que manifesta o compromiso pola xustiza social desde a fe compartida, coa convicción de que a suma de esforzos é a mellor estratexia #ante a pandemia e as súas consecuencias.   Na web https://seguimos.jesuitas.es/gl/home/ pódense realizar doazóns e atopar máis información sobre os proxectos que temos en marcha. Cando máis nos necesitan, é cando máis necesitamos. Grazas a ti, seguimos.