O inicio de curso será un momento para afianzar todo o traballo que se realice nas aulas en relación as medidas de hixiene e seguridade no Colexio neste momento de Covid19. Cómo acceder ao centro, cómo circular polo pasillos, puntos de acceso, dispensadores de xel histroalcohólico en interior e exterior, acompañamento de familias en entradas e saídas,….
A través dunha cartelería específica da campaña #ApóstolProtexe, o centro está totalmente senalizado para axudar a alumnos e docentes a moverse nesta nova situación que nos plantexa este inicio de curso tan especial.
Un momento de acoller, acompañar e coidarnos, pero tamén de colaborar desde toda a comunidade educativa para facer máis sinxelo todo o protocolo de funcionamento. Unhas medidas que nos primeiros días de curso servirán para comprobar o seu funcionamento na realidade diaria e poder así ir facendo cambios e axustes sobre a marcha.
Grazas a todos por colaborar, por axudar a coidarnos.
Carteis da señalética da campaña #ApóstolProtexe. Abaixo, imaxes dos patios señalizados, aulas coas mesas colocadas a distancia recomendada, dispensadores de xel no patio,…..