Listos e ilusionados para o inicio de curso

A comunidade educativa, formada por docentes e persoal de administración e servizos, está ultimando todo para o inicio de curso escolar 2019-20. A poucos días paras que o alumnado comece a encher as clases, hoxe tiveron lugar varias das actividades propias deste momento previo o arranque do curso: o primeiro claustro, a eucaristía, compartir viandas e facer a foto histórica de todo o equipo. Solo falta a alma do Colexio, os alumnos e alumnas. E estamos desexando que cheguen. Este ano o noso lema, que compartimos todos os colexios da Compañía de Xesús, será “Confía, para en todo amar e servir”, reflexión sobre a que hoxe centramos a celebración eucarística. Recordamos que as clases comezan o mércores 11 de setembro (9:00 h) para Infantil e Primaria. E o luns 16 (8:15 h) para ESO e Bacharelato.