Durante este mes, e continuando no de
outubro, están tendo lugar as quendas de convivencias que o Departamento de Pastoral organiza cada inicio de curso. Nestes días está de retiro o alumnado de 2º de Bacharelato, en Tui, do 26 ó 28 de setembro. A vindeira semana será o turno de 1º de Bach, que irán a Dorrón. Tamén chega o momento das convivencias en ESO, que se repartirán entre as instalacións do Mercantil de dos Abetos. Xa para o mes de novembro, serán os alumnos e alumnas de Primaria os que teñan este tempo de convivencias.
Un espazo importante na formación integral do noso alumnado, que completa a parte académica. Partindo da súa realidade persoal, atendemos as súas preocupacións, provocamos preguntas, compromisos e posibilitamos o encontro con Xesús.