Estreamos o Ano Ignaciano – Ignatius 500 cun concerto de cámara

A Compañía de Xesús (Xesuítas) inicia os actos da celebración do Ano Ignaciano – Ignatius 500 que conmemora o V Centenario da conversión de Ignacio de Loiola. En Vigo faremolo cun concerto de música clásica do Renacemento que terá lugar este venres, 21 de maio, as 20:00 h na igrexa do Colexio (parroquia de San Francisco Xavier).
Con frecuencia celébranse ou lembran: nacementos, descubrimentos, guerras ou inventos. Poucas veces celébranse acontecementos internos, cambios interiores na vida dunha persoa. Pero, en realidade, o que move o mundo son os cambios na vida das persoas. A conversión de Ignacio de Loiola cambiou a historia.
Estamos a celebrar os 500 anos do cambio interior dunha persoa. A música deste concerto viola de gamba (ou vihuela de arco) foi o rei dos instrumentos de corda fregada durante tres séculos. De orixe española, posiblemente desenvolvida no reino de Galicia ou na coroa de Aragón, pasou a Italia, seguramente cos músicos da familia Borgia.
Presentamos unha antoloxía de obras para “vihuela de arco” contemporáneas de San Ignacio, cuxa pedra angular no concerto será a obra de Diego Ortiz (1510 – 1576). O programa, inevitablemente, reflicte tamén a arte da improvisación tanto no contrapunto como na glosa. Escoitaremos: recercadas, bicinias, variacións…
Francisco Luengo é concertista e lutier desde a súa creación, dirixiu a Capela Compostelá, un grupo dedicado á recuperación e difusión da música barroca e renacentista. Xurxo Varela Actualmente combina a actividade concertística coa docencia, os arranxos musicais, a producción artística, así como a dirección artística e musical en diferentes proxectos.
Ignacio de Loiola creceu na época da creación da “vihuela de arco”, instrumento que él tocaba.  Ignacio renunciou á música nas comunidades relixiosas, pero deu á música unha gran importancia para a formación das persoas e, por ser unha linguaxe universal, para unir aos pobos. Os xesuítas foron pioneiros en introducir a música como unha materia nos colexios e universidades, á vez que tamén destacaron como profesores e/ou como directores de coro e compositores.
Nas Reducións Xesuíticas en Latinoamérica toda pequena cidade se enorgullecía de contar cunha orquestra propia e algunhas das máis grandes chegaron a ser conservatorios, ou centros de produción de instrumentos musicais.
Día: 21 de maio ás 20:00h Lugar: Parroquia San Francisco Xavier – Xesuitas. Ra Sanjurjo Badía, 79 – 36207 Vigo Retirada de invitaciones: Poderanse recoller en horario de 10:00h a 13:30 e de 16:30 a 20:00h
Aquí o programa do concerto: libretovigo