CIBERACOSO

O termo ciberacoso non fai referencia a unha conduta diferente, senón ao medio utilizado para realizar o acoso (a través do computador, móbil, redes sociais, correo electrónicos, etc.). Independentemente de que se manifeste ou non no contexto escolar, a comunidade educativa debe coñecer a mellor forma de detectalo, afrontalo e erradicalo.

Existen outras condutas particulares vinculadas ao  ciberacoso que se comparten a través de Internet ou se soben a redes sociais e que tamén se deben coñecer:

SEXTING

Consiste no envío de contidos de tipo sexual (principalmente fotografías ou vídeos) producidos xeralmente polo propio remitente, a outras persoas por medio de teléfonos móbiles.

HAPPYSLAPPING

Podería traducirse como “labazada feliz”. Trátase da gravación a través do móbil de abusos como sopapos ou empuxóns a compañeiros de colexio.

GROOMING

Son accións deliberadas por parte dun adulto encamiñadas a establecer lazos de amizade cun neno na internet, co obxectivo de obter unha satisfacción sexual mediante imaxes eróticas ou pornográficas do menor, ou mesmo como preparación para un encontro sexual.

Fontes: Escuelas Católicas e Xunta de Galicia

Contacta con nós

Para cualquera duda ou consulta, rechee este formulario e lle contestaremos tan pronto como sexa posible.

Not readable? Change text. captcha txt