Día do Migrante con arroz, froita e obradoiros

Dentro da Semana das Migracións 2019  o Colexio, en colaboración con Entreculturas Vigo, celebrou unha xornada adicada a porse nos zapatos das persoas que fuxen do seu país, baixo o lema “Día do migrante, coma mín”. Durante todo o mes traballouse nas aulas e nas tutorías a realidade das persoas migrantes. A maoires, instalouse unha carpa no bosque do Colexio onde se impartiron varias clases a diferentes cursos. Unha delas  tivo como invitados ao matrimonio turco refuxiado en Vigo, formado por Muaz (profesor de inglés) e por Neshe, profesora de ciencias. Ambos son acollidos pola ONG Provivenda, que tamén explicou o seu traballo en Vigo. O tradicional Día do Bocata mudouse por outro tipo de comida, máis propia dun campo de refuxiados, compartida por toda a comunidade educativa no patio da igrexa. Cada persoa tivo que obter unha cartilla de alimentación, agardar nunha cola o seu turno, e facer un recorrido marcado para obter os tres e únicos alimentos que se repartiron: auga, arroz e froita. A maiores, hubo varias actividades para traballar conceptos como a acollida, o respeto, a interculturalidade e a realizada das fronteiras e das persoas que intentan cruzalas. Exposicións, xogos de rol, obradoiros, “espape room” ,…. no que participaou o alumnado de todo o Colexio. A recadación desta actividade irá destinada ao programa que Entreculturas ten en Centroamérica acompañando ás persoas migrantes que intenta chegar a EE.UU.