O domingo 27 comezabamos o tempo de Advento. É o tempo da espera, pero unha espera alegre, unha espera activa e chea de esperanza. É tempo de mirar ao que nos rodea e descubrir a Deus no pequeno, porque é aí onde o atopamos no noso día a día. Só temos que estar atentos. Por iso animámosvos a, seguindo o lema deste curso, “Atrevédevos a descubrir o Nadal”.
E porque queremos descubrir o Nadal, esta semana iniciabamos xa as primeiras eucaristías que xunto coas oracións da mañá, axúdannos a preparar a chegada de Xesús. Ademais, neste curso continuamos coas campañas solidarias:
– Desde Infantil a 3º ESO, colaboraremos na recollida de xoguetes que serán doados a Vida Digna. Estes serán entregados aos seus respectivos titores ou levados aos puntos de recollida marcados (para os cursos de secundaria) do 5 ao 19 de decembro.
– Desde 4º ESO a 2º Bacharelato, recadarán fondos para facer de Paxes Reais e así comprar os agasallos que piden nas súas cartas os residentes da Fundación da Santa Cruz.
Completando estas accións de compromiso cos demais, querémosvos trasladar o noso agradecemento pola xenerosa colaboración na campaña do DOMUND na que neste curso recadáronse 3.380,49€. Moitas grazas a toda a comunidade!
Nestes días, tamén terán lugar os Festivais dos avós de Educación Infantil (mércores 14, xoves 15 e venres 16), os Festivais de 1º e 2º EP (luns 19 e martes 20), o Belén vivente (luns 19), Sembradores de estrelas (martes 20) e a visita dos Paxes Reais (xoves 22).
E por último, alégranos poder retomar as visitas do noso alumnado para felicitar o Nadal no Mercado de Teis (6ºEP), a Residencia de Santa Marta (1º e 2º ESO), HC San Rafael (3ºESO e 4ºESO) e a Fundación da Santa Cruz (1ºBach).
Tamén estamos convidados a participa no Troco Solidario de Entreculturas, que entre o 12 e o 17 de decembro terá lugar no Centro Gárate e onde nos invitan a reflexionar sobre a cultura de consumo nesta época e a reciclar, reutilizar e no tirar. E a noite do 21, Entreculturas Vigo organiza o seu tradicional Concerto Solidario de Nadal na Fábrica de Chocolate (21.30) ao que tamén estamos convidados para apoiar o seu proxecto na Fronteira Sur de Melilla-Nador para acompañar ás persoas migrantes
Desexámosvos uns felices días, nos que Xesús fágase presente e énchavos de esperanza.