Melloramos os recursos dixitais nas aulas de Educación Primaria e Secundaria

O Colexio Apóstol realizou melloras na dixitalización das aulas de 3º, 4º e 6º de Educación Primaria e nas de 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria, garantizando así a mellora da calidade dos recursos informáticos destas aulas con paneis interactivos e novos equipos informáticos. Unha actuación que se puido levar a cabo grazas a financiación chegada a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, no marco dunha convocatoria cofinanciada polos fondos europeos NextGeneration UE. Esta acción do Plan Nacional de Recuperación, Transformación e Resiliencia ten como principal obxectivo aumentar o nivel de competencias dixitais (básicas e avanzadas) mediante accións dirixidas a diversos colectivos de poboación. Neste caso, beneficia ao noso alumnado de Primaria nos cursos deses seis cursos de Primaria e ESO.