info@colegioapostol.com  |  986 371 011 | 

Celebramos a semana ignaciana

Durante estes días celebramos no colexio a Semana Ignaciana, unha iniciativa que se desenvolve en todos os centros da rede Educsi, a plataforma educativa da Compañía de Xesús. Trátase dun tempo especialmente significativo para lembrar as nosas raíces, afondar na nosa identidade e renovar o sentido da nosa misión educativa ao estilo da Compañía de Xesús.

Ao longo da semana, o alumnado participou en diversas actividades, momentos de reflexión e propostas educativas orientadas a coñecer mellor a vida e o legado de Ignacio de Loyola, fundador da Compañía de Jesús, así como doutros xesuítas que, ao longo da historia, traballaron por transformar o mundo desde o servizo, a fe e o compromiso cos demais.

O acto central da Semana Ignaciana, no que tradicionalmente se reúne toda a comunidade educativa —alumnado, familias, antigos alumnos, profesorado e persoal do centro—, non puido celebrarse nesta ocasión debido á choiva. Con todo, o esencial permanece.

Aínda que non puidemos reunirnos fisicamente no mesmo lugar, seguimos sendo unha comunidade profundamente unida:unida por unha forma de educar,unida por unha maneira de mirar o mundo,e unida polo desexo de formar persoas compasivas, comprometidas e competentes que deixen pegada alí onde estean.