info@colegioapostol.com  |  986 371 011 | 

XXXIV Maratón de Preguntas de Ciencias Sociais

O noso colexio convoca unha nova edición dun dos concursos máis veteranos do centro: o Maratón de Preguntas de Ciencias Sociais, que este ano celebra xa a súa trixésimo cuarta edición.

Esta iniciativa está dirixida a todo o alumnado desde 5º de Educación Primaria ata 2º de Bacharelato, co obxectivo de fomentar o interese polas Ciencias Sociais a través da investigación.

O concurso consiste na contestación e entrega individual dun cuestionario de preguntas, adaptado á categoría correspondente a cada participante. Establécense así catro modalidades:

  • 1ª categoría: alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria

  • 2ª categoría: alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO

  • 3ª categoría: alumnado de 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato

  • 4ª categoría – Premio Filípides: aberta a todo o alumnado.

Como vén sendo habitual, o Maratón de Preguntas non só anima á participación do alumnado, senón que tamén invita a implicarse ás familias e amizades, converténdose nunha oportunidade para compartir coñecementos.

Ademais dos premios correspondentes a cada categoría, nesta edición realizarase o sorteo de 30 premios de 5 euros entre todas as persoas participantes, co fin de recoñecer o esforzo e a implicación no concurso.

Desde o colexio animamos a participar nesta nova edición do certamen. ¡Moita sorte a todas e todos!

Preme aquí para ver as bases e os cuestionarios das diferentes categorías.