Durante este curso, a Provincia está conmemorando o 50 aniversario do decreto 4 da Congregación Xeral XXXII, o que sentou as bases da misión da Compañía a partir dese momento arredor do binomio inseparable Fe-Xustiza. “A misión da Compañía de Xesús hoxe é o servizo da fe, do que a promoción da xustiza constitúe unha esixencia absoluta”, afirmaba aquel Decreto.
É unha celebración importante, pois aínda hoxe segue vixente, medio século despois, ese diálogo entre fe e xustiza. A data culminante desta conmemoración é o Encontro de Provincia que se celebra en Loyola entre o 15 e o 18 de abril.
Ademais, sumamos á celebración unha web específica: http://feyjusticia.jesuitas.es
Unha web que inclúe un apartado moi especial para participar, para relatar desde a visión persoal o binomio fe-xustiza: https://feyjusticia.jesuitas.es/participa/

