Campaña escolar de Nadal 2020

Estamos a desenvolver a Campaña de Nadal colexial 2020, en medio destas especiais circunstancias que estamos a vivir e que limitan alguna das nosas actividades. Seguimos adiante nas catro dimensións que traballamos nela: A celebrativa (oracións da mañá, eucaristías e recollidas do día a modo de exame ignaciano). A solidaria, con colaboración con catro organizacións sociais: Cáritas, Provivenda, Fogar San Xosé Comedor da Esperanza e MISEVI. Delas compartimos outros tantos videos nos que explican a súa actividade en Vigo. Estamos recibindo entregas de tapóns, dous sacos cheos para o Fogar de San Xosé e Comedor da Esperanza!.   Esta recollida expúxose para  Educación Primaria e 5 anos de  Educación Infantil, hai un contedor en portería para todas as persoas que queirades doar tapóns. Tamén recibimos material escolar para reciclar e doar a  MISEVI así coma roupa de abrigo para Cáritas e  Provivienda. A dimensión lúdica, coa actividade de  Sembradores de Estrelas, felicitarémonos as festas uns a outros, maiores a pequenos e pequenos a maiores, como en familia. E estamos a preparar tamén o Belén Vivente e a Visita das súas Maxestades. A dimensión comunitaria. Nos grupos de confirmación do Centro Loyola e  Mag+s Universitario; a nova Escola de familias, Comunidade de adultos do Centro Loyola,  oración final do claustro do próximo martes 22 ás 13:30 h. Queremos seguir salvando o verdadeiro espírito do Nadal 2020 e animarvos a todas e a todos a seguir adiante nesta tarefa. Videos das ONG coas que colaboramos este Nadal Provivenda Cáritas Fogar San Xosé Comedor da Esperanza MISEVI (Misioneros Seglares Vivencianos) Ver no sitio web da organización: https://www.misevi.es/   Feliz Nadal!