Arrancamos a campaña de Advento e Nadal 2021

Iniciamos o mes de decembro e tamén o Advento, un tempo de espera e de esperanza, das procuras e os silencios. O tempo de mirar ao redor e descubrir que Deus segue vindo. Sempre. Por camiños insospeitados. Ás nosas vidas. Agora. Por iso, xogando co lema deste curso, expuxemos este tempo como un reto: “Atrévete a atopalo” . En cada unha das semanas de Advento iremos lanzando unha proposta para irnos preparando para ese encontro con Xesús, que é o Nadal. A primeira semana fixarémonos na ALEGRÍA, a segunda na ENTREGA, a terceira en VER e a cuarta en ESPERARTE. Preparando este encontro iniciabamos as celebracións na igrexa que, xunto coas oracións da mañá, axúdannos a celebrar a fe e empezar o día dunha maneira máis consciente. Estas son algunhas das principais actividades deste tempo que imos ter no colexio en función dos diferentes cursos: – Desde Infantil a 3º ESO, retomamos a recollida de xoguetes que serán doados a Vida Digna. Estes serán entregados aos seus respectivos titores, e por precaución deberán vir totalmente pechados do 9 ao 17 de decembro. – Desde 4º ESO a 1º Bacharelato, continuaremos a recollida de roupa de adulto e aveños para o fogar de abrigo (chaquetóns, edredóns, mantas…) en colaboración de Cáritas e Provivienda. Estes serán entregados aos seus respectivos titores, e por precaución deberán vir totalmente pechados do 9 ao 17 de decembro. – 2º Bacharelato colaborará coa adquisición de material artístico para o Fogar de Santa Cruz. DOMUND Completando estas accións de compromiso cos demais, agradecemos a xenerosa colaboración na campaña do DOMUND na que neste curso recadáronse 5.207,28€. Moitas grazas a toda a comunidade educativa. Ademais, este curso, poderemos seguir cos nosos días máis entrañables (mantendo as adaptacións derivadas polo COVID) celebrando o Belén vivente o venres 17, os Sementadores de estrelas o luns 20 e a visita dos Paxes Reais o martes 21 de decembro, xusto antes das vacacións. Como novidade, propuxemos a dinámica “Enchamos o Nadal coas nosas Estrelas”. Por iso convidamos a toda a comunidade educativa a decorar os corredores do colexio con estrelas que levarán escritos os nosos compromisos. Estas depositaranse en portería ata o mércores 15 de decembro. Desexámosvos uns días felices, vivíndoos en proximidade cos nosos, “atrevéndonos” a deixar que Xesús tráianos a ESPERANZA, e permitindo que esta ilumine os nosos días.