A voz das nosas alumnas chega ao Parlamento de Galicia

Dúas alumnas do Colexio, Cristina González e Ariadna Prendes, de 1º Bach, tiveron a oportunidade de falar no Parlamento de Galicia ante varios diputados e do presidente desta institución, Miguel Santalices. O acto enmárcouse nas accións da Campaña Mundial pola Educación (CME) que promoven en Galicia catro ongs: Educo, Axuda en Acción, Taller de Solidariedade e Entreculturas.  Alumnos de cinco colexios galegos, entre eles o Apóstol, tiveron a oportunidade de  ter un encontro cós parlamentarios no Pazo do Hórreo. Os portavoces da CME e dos centros escolares pediron o apoio das administracións públicas na defensa da educación en todo o mundo e o compromiso coa sostebilidade ambiental do noso planeta. Este ano, o lema da campaña é DEFENDEMOS A EDUCACIÓN, SOSTEMOS O MUNDO. E nesta liña os escolares galegos leron un manifesto á clase política galega no que lembraron que “a educación é a mellor ferramenta para formar a unha cidadanía consciente das causas e as consecuencias do cambio climático, e de dotala dos coñecementos, competencias e actitudes necesarias para buscar solucións”. Informaron dalgunhas medidas que nos seus centros están a tomar para combatir este grave problema e solicitaron que as leis educativas inclúan horas para este temas dentro de currículum escolar galego. A Campaña Mundial pola Educación é unha coalición internacional nacida no ano 2000 e formada por ONGs, sindicatos do entorno educativo, centros escolares e movementos sociais de diversos signos que se movilizan para pedir o cumprimento íntegro dos compromisos internacionais no dereito ao acceso educación para todos os nenos e nenas do mundo. Por parte do Parlamento, o seu presidente, Miguel Santalices, deu réplica aos estudantes asegurando tomar nota das súas peticións e intentan levar adiante algunha das súas iniciativas.