Esta fin de semana, un grupo de alumnos e profesores do noso colexio, xunto con mozos portugueses, participou no encontro celebrado en Madrid co Santo Pai. Unha experiencia profundamente eclesial que vivimos con alegría, gratitude e sentimento de pertenza a unha Igrexa universal que reúne, escoita e envía.
Desde a tradición educativa da Compañía de Xesús, entendemos este encontro non só como un acontecemento puntual, senón como parte dun camiño que comeza na preparación interior, se fortalece na experiencia con unta e continúa nos froitos que cada mozo está chamado a sementar no seu contorno.

Fomos testemuñas dunha Igrexa viva que abraza realidades diversas: a educación, o compromiso social, a fe, o servizo aos demais… Unha Igrexa que nos lembra que, máis alá das nosas diferenzas, estamos chamados a construír esperanza.
Volvemos agradecidos, sobre todo, por sentirnos parte de algo moito máis grande ca nós mesmos.
Seguimos camiñando, coa mirada erguida.