Vigo foi escenario, este domingo 22 de novembro, dunha das grandes manifestacións en coche convocadas pola plataforma “Máis libres, máis plurais, máis iguais” en defensa da educación concertada e contraria a nova “Lei Celaá”.
A comunidade educativa do Colexio Apóstol tomou parte activa desta acción que tamén promove Escolas Católicas e varios colectivos educativos, entre eles a Federación de Ampas de Centros Concertados do Sur de Galicia (SURGAPA), CECE Galicia (Federación Autonómica de Centro de Ensino Privado), sindicatos como FEUSO Galicia e FSIE.
Algunhas das citas nas edicións dixitais dos xornais de Vigo:
Faro de Vigo
La Voz de Galicia
Atlántico Diario
Vigoé