Todo sobre as Paraescolares do curso 21-22

A oferta de Paraescolares para o presente curso 2021-2022 ten como novidades as seguintes actividades: Linguaxe musical e coro, para Educación Primaria (EP); iniciación ao violín; robótica con unha nova reorganización dos grupos de EP, e o grupo de teatro de tarde que será para todo o alumnado de EP. Son unha pequena parte da ampla oferta de actividades que o colexio organiza este novo curso académico. Toda a información, incluidos os deportes federados que se poden practicar, pódese consultar na nosa web ou premendo aquí: As actividades comezarán o 1 de outubro e finalizarán o 31 de maio. A data límite para inscribirse, e para comezar en outubro, será o 23 de setembro, e haberá que facelo a través da plataforma Alexia. A inscrición mínima será por un trimestre. O novo coordinador de Paraescolares é José Martínez (jose.martinez@colegioapostol.com)