Primeiro día de cole con 900 sorrisos

O Colexio Apóstol Santiago abriu as portas ao curso 2018-2019. Case 900 nenos e nenas de Infantil e Primaria acudiron este mércores 12 de setembro a cita máis ilusionante do ano, a da volta ao colexio. Nervos, algún choro entre os máis pequenos e, sobre todo, moita ilusión e sorrisos. Pais, nais, avós, avoas, irmáns,… acompañaron neste primeiro día os debutantes, os de 3 anos, que iniciaban a súa aventura no Colexio. En moitos casos, serán 15 anos das súas vidas no colexio dos Xesuítas. Nesta etapa, a incorporación dos novos alumnos será progresiva durante toda a semana.

E detrás, un equipo de medio cento de profesores que tamén comezaron con algo de nervos pero coa ilusión de cada inicio de curso e, por suposto, cun sorriso de benvida.

Primeiro día de cole

 

Guardar

X