Isabel Hernández Dorado, a nosa profesora de Matemáticas en 1º de ESO e Bacharelato, foi galardoada co 1º Premio do Concurso de Innovación Pedagóxica organizada por SM e Escolas Católicas de Galicia.
A súa proposta concreta, denominada “Os dez reinos matemáticos”, é unha clara proba de cómo aplicar a gamificación na nosa aulas, é dicir, trasladar a mecánica dos xogos ao ámbito educativo-profesional co fin de conseguir mellores resultados. Unha iniciativa que puxo en práctica co noso alumnado e que agora recolle o recoñecemento de toda a comunidade educativa e da editorial SM en particular.
Aquí podedes ver un tráiler sobre o xogo.
Alumnado de 1º ESO xogando na clase de Matemáticas
Tamén recoñecemos e agradecemos a outros tres docentes, Fran Blanco, Laura González e David Viso a participación no mesmo concurso. Un exemplo dos fantásticos proxectos e iniciativas pedagóxicas que son froito do empuxe conxunto do conxunto do profesorado por mellorar a calidade educativa ofrecida desde o Colexio.