Premiados no concurso Maratón de Preguntas

Cen alumnos e alumnas participaron este ano no Maratón de Preguntas. Máis da metade destes cen teñen premio en metálico grazas a aportación, sempre esencial, da ANPA. Empero, o mellor premio (aparte dalgún puntiño que leva o alumnado por participar nalgunhas asignaturas) e ter pasado un tempo entretido buscando, descubrindo e aprendendo.

Cataratas como a Kandinsky, pobos como Villena, mulleres de figuras lexendarias como D. Pelayo; edificios con moita “historia”, como a antiga sé da Facultade de Historia de Ourense; heroes da nosa cidade como Monet (non o pintor) que participou nas importantes batallas de Bailén e Ayacucho…Do máis próximo ao máis lonxano. No espazo e no tempo.

Podedes consultar a relación de premiados e o solucionario (hai algunhas respostas admitidas como válidas aínda que non aparezan no solucionario, como graxa de balea que serve espermaceti). Se tendes algunha dúbida ou queredes comprobar a corrección das vosas respostas, contactade co Departamento de Ciencias Sociais.

Na entrega de premios da Gala Colexio Apóstol so recollerán o seu premio o 1º e 2º.  Ao resto dos premiados entregaranvos os cartos nas clases.

Agardámosvos o ano que ven. Moitas grazas a todos.

(Adxuntamos o listado de premiados e as solucións ás pregunta por ciclos)   Lista de premiados primaria 4-eso-bacharelato 1-2-3-eso