Hoxe tivo lugar o acto de inauguración oficial do curso coa celebración da tradicional lección inaugural. Xa con todo o alumnado incorporado ao colexio (ESO e Bacharelado o fixeron este mércores 15), tivo lugar no salón de actos un diálogo con dúas invitadas especiais: Inma Tombilla, coordinadora xeral de Cáritas Tui-Vigo, e Raquel Sánchez, xefa de prensa do conselleiro de Sanidade.
Este ano decidiuse variar o formato habitual da conferencia inaugural cun único invitado, por un diálogo a tres coa mediación do responsable de comunicación do Colexio, Xosé Luis Barreiro.
O director Iván Mirón deu a benvida o alumnado de 2º de Bacharelado, que acudiu ao salón de actos en dúas tandas separadas polas medidas Covid, e agradeceu a presencia das dúas invitadas, ambas nais con alumnos no Colexio e antigas alumnas do Apóstol.
A conversa con Xosé Luis Barreiro desenvolveuse sobre dous grandes temas: as repercusión socio-económicas e socio-sanitarias da pandemia na poboación de Vigo e de Galicia. E de forma especial abordouse a problemática da saúde mental que afecta especialmente aos mozos e mozas galegas. Tamén hubo un tempo para falar da responsabilidade e compromiso do noso alumnado maior nesta crise social e sanitaria.
Desta forma quedou inaugurado oficialmente o curso 2021-2022 e a actividade do Colexio recupera o seu ritmo habitual.