O colexio Apóstol Santiago embárcase este curso 18/19, como parte do Plan de Convivencia, na implementación do Programa KIVA para a Prevención do Acoso Escolar. É un programa de orixe finlandesa pero xa probado con éxito noutros países europeos cuxa implementación inicial dura 3 anos, e engloba a toda a Educación Primaria (EP) e Secundaria (ESO). Aplicarase este primeiro ano a todos os cursos de EP e ESO, para os anos seguintes cursos facer sesións recordatorio en cursos específicos.
Nas reunións de inicio de curso explicaremos o programa ás familias con máis detemento, e iremos informando do seu desenvolvemento desde o inicio en cada curso, a través das titorías respectivas. O programa engloba 10 sesións anuais cos alumnos en cada curso, ademais de tests e sociogramas a comezos e final de curso, e recursos web para darlle continuidade ao traballo do colexio en casa coas familias.
Compartímosvos tamén na web unha Guía para familias, así como unha aproximación ao proceso de implantación que iremos desenvolvendo. Desexamos que sexa unha ferramenta importante que siga mellorando día a día o clima de convivencia no centro e, sobre todo, que axude a seguir facendo do noso alumnado persoas empáticas e corresponsables, próximas e preocupadas polos seus compañeiros a través do coidado mutuo, e que sentan felices e seguras no Colexio.