Aquí podes acceder a toda a información relacionada co proceso de admisión
Lexislación Xunta Galicia 24-25
MATERIAS 1-2-3 ESO
MATERIAS 4º ESO
MATERIAS BACH
PREGUNTAS E RESPOSTAS
Proceso de Admisións 25/26
Mapas de zonas
Instrucións
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro
Orde do 21 de outubro de 2022
Materias 1º-2º-3º ESO
Materias 4º ESO e BACH
Preguntas e respostas
Preguntas xerais sobre admisión.
QUEN pode solicitar admisión no noso centro?
Aquelas familias que queiran matricular as fillas ou fillos en Ed. Infantil, Ed. Primaria, ESO Bacharelato.
CANDO se abre o prazo de admisión?
- Para o Ensino Concertado (Ed. Infantil, Ed. Primaria e ESO) dende o 1 ao 20 de marzo.
- Para 1º e 2º de Bacharelato, a partir do 3 de febreiro.
ONDE debo presentar a solicitude de admisión?
-
Para 1º e 2º Bacharelato: de forma presencial no Colexio Apóstol Santiago.
-
Para o Ensino Concertado (Ed. Infantil, Ed, Primaria. ESO): de forma presencial no centro docente que escollo como 1ª opción.
Tamén se pode presentar na páxina https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado mediante o formulario normalizado (Código de procemento ED550B) a través da aplicación de xestión do proceso admisionalumnado.
Podo presentar outras solicitudes noutros centros para E. Infantil, Ed. Primaria e ESO?
Non. Só se pode presentar unha única solicitude no centro que escolla como 1ª opción. A presentación de máis dunha solicitude para unha mesma ensinanza en centros diferentes determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. Non obstante, pode entregarse unha nova solicitude, noutro centro e dentro do prazo ordinario, indicando no apartado de “Supostos Específicos” que se renuncia á admisión presentada anteriormente no outro centro.
E como fago se quero solicitar outros centros?
O impreso de solicitude, que debe entregar no centro de 1ª preferencia, ten un apartado no que pode indicar por orde de preferencia outros 5 centros máis.
Cal é a ZONA EDUCATIVA do Colexio Apóstol Santiago?
- Para Ed. Infantil e Ed. Primaria correspóndenos a zona educativa nº 2 que comprende dende a rúa de Foxos, seguindo por Sanjurjo Badía ata o cruce de Isaac Peral, e continuando polo camiño do Viso ata a rúa Aragón, e dende aquí pola rúa San Xoán do Monte ata a rúa Cantabria.
- Para ESO correspóndenos a zona 3 que comprende a parroquia de Teis, tendo os seus límites no cruce das rúas Xulián Estévez co inicio de Sanjurjo Badía collendo pola parte baixa da rúa Coutadas (deixando á dereita o Barrio das Flores) pola rúa Santander ata chegar a Teis.
Preguntas sobre prazas ofertadas
CANTAS prazas ofrecemos?
Neste momento hai prazas dispoñíbeis en 4º de Ed. Infantil (3 anos); 1º e 4º de ESO; 1º e 2º de Bacharelato.
Podo solicitar praza para un curso no que non hai prazas dispoñíbeis?
Si. Aínda que quedará condicionada ás posibles prazas que poidan quedar baleiras.
Documentación necesaria
Que documentos preciso para facer a solicitude?
- En Bacharelato:
1º BACHARELATO: Notas finais de 2º e 3º ESO así coma as avaliacións do curso actual.
2º BACHARELATO: Notas finais de 3º e 4º ESO así coma as avaliacións do curso actual.
Solicitude de volante de convalidación de estudos por parte de Inspección de Educación (só para alumnos que procedan doutros países).
- En Ed. Infantil, Ed. Primaria e ESO: Boletín de solicitude e documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a que pode ser o DNI ou copia do libro de familia. Así mesmo entregarase o Certificado de matrícula do centro actual, excepto para o alumnado de 4º de Ed. Infantil.
No caso de solicitar puntos por calquera dos criterios previstos na admisión, deberá adxuntar a documentación que acredite estes puntos. Dita documentación pode consultarse no apartado “Sobre acreditación de puntos”
Sobre acreditación da puntuación en ED Infantil, ED Primaria e ESO
Puntuación por irmáns no centro
Cantos puntos se dan por irmáns no centro?
8 puntos: polo primeiro irmán ou irmá.
2 puntos: a sumar aos 8 anteriores, polo segundo ou máis irmáns que teña xa matriculados no centro ata un máximo de 14 puntos.
Como se pode acreditar puntos por irmáns?
Mediante a copia completa do Libro de Familia
Cantos puntos teño se matriculo a dous ou máis irmáns que nacesen no mesmo parto?
8 puntos para cada un (no caso de se matricular 2 irmáns) ou 10 puntos para cada un (se son máis de 2 irmáns). Para ter dereito a esta puntuación, deberán matricularse no mesmo centro.
Puntuación por traballador do propio centro
Cantos puntos se dan por traballar no propio centro?
3 puntos
Puntuación por proximidade do domicilio familiar
Cantos puntos se dan por proximidade do centro educativo ao domicilio familiar?
8 puntos: se está na área de influencia
4 puntos: se está na zona limítrofe á área de influencia.
0 puntos: fóra destas áreas
Como acreditar puntos por proximidade do centro educativo ao domicilio familiar?
O domicilio familiar acreditarase mediante certificado do Padrón municipal (expedido entre o 1 de marzo de 2024 e o 28 de febreiro de 2025) no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel (padrón conxunto) e no que apareza tamén a data de alta na vivenda de todos os membros.
A data de alta no domicilio familiar que se indica na solicitude deberá ter unha antigüidade mínima de un ano respecto ao inicio do procedemento de admisión; neste anterior ao 1 de marzo de 2025.
Que pasa se a antigüidade é inferior a 1 ano?
Cando non se reúna o requisito da antigüidade mínima dun ano, a persoa solicitante deberá acreditar o título que lexitime a ocupación da vivienda e deberá achegar: escritura de compra, contrato de alugamento ou calquera outro título e recibos acreditativos do consumo de subministracións como agua, electricidade, gas….
Puntuación por proximidade do lugar de traballo
Cantos puntos se dan por proximidade do centro educativo ao lugar de traballo?
6 puntos: se está na área de influencia
3 puntos: se está na zona limítrofe á área de influencia.
0 puntos: fóra destas áreas.
Como acreditar puntos por proximidade do centro educativo ao lugar de traballo?
- Os traballadores por conta allea presentarán unha copia do contrato laboral no que conste o enderezo do centro de traballo e o informe de vida laboral obtido no ano natural do procedemento de admisións.
- Os traballadores por conta propia presentarán certificado de alta no censo de actividades económicas da AEAT en que conste o enderezo do centro de traballo ou licenza de apertura ou actividade do concello, se non está obrigado a estar de alta no dito censo.
- Persoal ao servizo das administracións públicas: certificado da unidade de persoal en que conste o enderezo do centro de traballo.
Son acumulables os puntos por domicilio familiar e os puntos por lugar de traballo?
Non.
Puntuación por renda anual per cápita
Cantos puntos se dan pola renda?
3 puntos: inferior a 0.5 veces o IPREM
2 puntos: Igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM
1 punto: Igual ou superior a 0,75 e inferior ao IPREM
0 puntos: Igual ou superior ao IPREM
Cómo se pode acreditar puntos pola renda anual per cápita da unidade familiar?
- Tendo en conta a renda da unidade familiar que corresponda ao exercicio fiscal anterior en dous anos ao ano natural no que se presenta a solicitude, neste caso ao do ano 2022. O IPREM para o ano 2023 é de 7.200€.
- Haberá que sinalar na solicitude a cantidade que resulte da suma da base impoñible xeral (casiña 435) e da base impoñible de aforro (casiña 460) da declaración do imposto sobre a renda das persoas física no exercicio 2023, dividida entre o número de membros computables da unidade familiar a data 1 de marzo de 2025.
- Deberase asinar a autorización para que a Consellería de Educación comprobe os datos coa Axencia Tributaria.
Puntuación por familia numerosa
Cantos puntos se dan por familia numerosa?
3 puntos: por categoría especial de familia numerosa.
2 puntos: por categoría xeral de familia numerosa.
Como se pode acreditar puntos por familia numerosa?
Presentando fotocopia do título de Familia Numerosa que deberá
Puntuación por familia monoparental
Cantos puntos se dan por familia monoparental?
2 puntos
Como se pode acreditar puntos por familia monoparental?
Para acreditar este criterio a persoa interesada terá que presentar a certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Xuvent
Puntuación por discapacidade
Cantos puntos se dan por discapacidade?
4 puntos: se a discapacidade é do alumnos que solicita a admisión.
3 puntos: se a discapacidade é da nai, pais ou algún dos titores legais do alumno.
1 punto: por cada irmá ou irmán con discapacidade.
Como se pode acreditar puntos por discapacidade?
Presentando certificación do grao de minusvalía (≥ 33%) expedido pola Consellería de Traballo e Benestar, ou polo órgano competente das administracións públicas, de non autorizar a consulta.
Puntuación por vítima de violencia de xénero
Cantos puntos se dan por vítima de violencia de xénero?
2 puntos.
Como se pode acreditar puntos por vítima de violencia de xénero?
A forma de acreditar a condición está recollida no artigo 5 da Lei 11/2007, do 7 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
Puntuación por vítima de terrorismo
Cantos puntos se dan por vítima de terrorismo?
2 puntos.
Como se pode acreditar puntos por vítima de terrorismo?
Certificado de vítima de terrorismo de acordo coa Lei 29/2011, do 22 de setembro, de recoñecemento e protección integral ás vítimas do terrorismo.
Puntuación por criterio complementario
Cantos puntos podo obter por este criterio?
1 punto
Como podo conseguir a puntuación por criterio complementario?
Se o alumnado solicitante ten ou tivo un familiar, ata 2º grao de consanguinidade, antigo alumno dun colexio da Compañía de Xesús, polo menos durante un curso escolar nalgún dos cursos incluídos no ámbito de aplicación das ensinanzas que contemplan
Onde podo solicitar a xustificación para acreditar este criterio?
Na secretaría onde cursou os estudos e entregalo no momento de facer a solicitude.
Puntuación total e criterios de desempate
Quen será admitido para ocupar as prazas ofertadas?
A persoa que obteña a maior puntuación segundo os criterios anteriores.
Cales son os criterios en caso de desempate na puntuación?
1. O que máis puntos obteña nos criterios anteriores por orde de prelación.
2. Mediante sorteo público, por parte da Consellería de Educación, de dous numeros e un proceso matemático asociado a un número aleatorio que vai coa solicitude de admisión.
Obter máis información
Consultando a seguinte lexislación
DECRETO 13/2022 do 3 de febreiro (DOG 11/02/2022) polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
ORDE 21 de outubro de 2022 (DOG 8/11/2022), polo que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educción secundaria obrigatoria e bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de amio, de educación.
INSTRUCIÓNS da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o desenvolvemento do proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2025-2026.
Concertar unha entrevista
Infantil-primaria: admisiones.infprim@colegioapostol.com
ESO-Bacharelato: admisiones.esobach@colegioapostol.com
ORDE 21 de outubro de 2022 (DOG 8/11/2022), polo que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educción secundaria obrigatoria e bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de amio, de educación.
INSTRUCIÓNS da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o desenvolvemento do proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2025-2026.
ESO-Bacharelato: admisiones.esobach@colegioapostol.com