O Colexio por fin puido gozar de unhas festas colexiais como as de antes da pandemia. Houbo que esperar case 4 anos, pero este xoves comezaron as do curso 22-23 con todo o seu esplendor, e ata o bo tempo acompañou.
Con todo, e ante a ameaza de choiva a primeira hora da mañá, o acto principal tívose que realizar no pavillón. Nel o colexio daba por inaugurada os dous días de festas, e tamén se realizou a tradicional ofrenda floral á Virxe do Colexio.
![](https://colegioapostol.com/wp-content/uploads/2023/05/whatsapp-image-2023-05-04-at-18.20.54-225x300.jpeg)
Obradoiros nas aulas, pregón, competicións deportivas, barracas do ANPA, carreira solidaria de Entreculturas pola infancia refuxiada e outras moitas actividades conformaron o primeiro día das festas nun magnífico ambiente e co sol como acompañante. Tamén acompañou unha delegación dun colexio alemán de Munich que están de intercambio e, para a ocasión, luciron a súa vestimenta máis tradicional.
![](https://colegioapostol.com/wp-content/uploads/2023/05/whatsapp-image-2023-05-04-at-18.20.54-225x300.jpeg)
![](https://colegioapostol.com/wp-content/uploads/2023/05/whatsapp-image-2023-05-04-at-18.20.55-225x300.jpeg)
![](https://colegioapostol.com/wp-content/uploads/2023/05/whatsapp-image-2023-05-04-at-18.20.55-2-260x300.jpeg)
![](https://colegioapostol.com/wp-content/uploads/2023/05/whatsapp-image-2023-05-04-at-17.55.35-300x225.jpeg)
![](https://colegioapostol.com/wp-content/uploads/2023/05/whatsapp-image-2023-05-04-at-17.55.39-300x225.jpeg)
![](https://colegioapostol.com/wp-content/uploads/2023/05/whatsapp-image-2023-05-04-at-18.20.55-1-300x225.jpeg)
![](https://colegioapostol.com/wp-content/uploads/2023/05/whatsapp-image-2023-05-04-at-18.20.55-3-300x225.jpeg)