Eva Diz, premio extraordinario de Bacharelato

A antigua alumna do colexio Apóstol Santiago, Eva Diz Ferreira, foi elexida entre os 20 mellores estudantes galegos de Bacharelato do curso académico 17/18, que otorga a Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Eva, que rematou o curso pasado 2º de Bacharelato cunha media de 10, cursa agora estudos de Mediciña en Santiago de Compostela.

Anteriormente, esta alumna tamén foi recoñecida co Premio Extraordinario da ESO a nivel galego, e tamén con ese mesmo galardón a nivel español.

Parabéns a Eva e todos os membros da comunidade educativa do Colexio celebramos este premio que supón un recoñecemento ao seu esforzo e dedicación.

X