Este domingo 22, manifestación en coches contra a Lei Celaá

O Colexio convida a toda a comunidade educativa a participar na Manifestación en Coches que se desenvolverá o vindeiro domingo 22 de novembro con saída desde o aparcamento do Museo Verbum de Samil ás 12.00 h. Como centro educativo da Compañía de Xesús, e sendo parte de Escolas Católicas, sabemos que é moito o que nos estamos xogando como Educación Concertada, e necesitamos facernos ver e facernos escoitar.
Esta acción é un formato suficientemente asumible e “cómodo” dadas as circunstancias, e oxalá vos animedes a sumarvos a unha caravana, que se replicará en todas as cidades de España, que reivindique os dereitos dos nosos colexios, do noso persoal, do noso alumnado, e das nosas familias.  Para dispoñer dunha estimación de participantes pedímosvos que, por favor, as persoas que pensen asistir contesten si ou non no seguinte formulario https://forms.gle/GY8LxLfBQiAWXbYG6.  (non é obrigatorio e é anónimo, pero axuda á planificación).
Convidámosvos a levar lazos de cor laranxa nos coches, e carteis como os que se achegan nesta información.
Recomendamos que non compartades coche con xente que non sexa da unidade de convivencia debido as actuais circunstancias sanitarias.
Grazas polo voso apoio.