Especial O Noso Lar online fin de curso

Lanzamos o último número da revista escolar O Noso Lar. Unha versión online, non impresa como é habitual, e lixeiramente distinta na forma e nos contidos. Todo debido a excepcional situación que vivimos nos últimos meses e que impediu a celebración das principais actividades deste segundo cuatrimestre do curso (graduación 2º Bach, excursións, camiño de Santiago, festas colexiais,…) que habitualmente recollemos neste número de final de curso. Este novo formato é interactivo e pódese acceder a outros elementos multimedia, como videos e enlaces a redes sociais.  Intenta ser un resumo destes últimos 5 meses, cun protagonismo especial para todo o vivido pola comunidade escolar neste tempo de confinamento debido a pandemia do Covid19. Para visionar a publicación pinchar aquí.