- Entrevistas tutoriais individuais periódicas
- Formación Humana: convivencias, campañas, titorías etc.
- Programa de Competencia Social
- Contidos do Plan de Acción Titorial +info
KIVA é o prestixioso programa contra o acoso escolar, desenvolto polo Ministerio de Educación de Finlandia, cuxa eficacia quedou demostrada en rigorosos estudos científicos. O Equipo KIVA está formado por un grupo docente para a dinamización da prevención e intervención nos casos nos que se pode aplicar o protocolo KIVA para evitar o acoso escolar.
Equipo Kiva: Irene Valverde, Rosana Souto, Tamara Alonso, Iago Pérez, Carlos Lojo, Silvia Rial, Ana P. Rguez, Montse Domonte, Manuel Parada.
- Entrevista a alumnos novos desde o Departamento de Orientación Educativa
- Grupo de acollida a alumnos novos
- Comisión de Convivencia:
A comisión de convivencia ven regulada no artigo 6 do Decreto 8/2015, considerándose como un órgano con carácter consultivo. Crearase no seo do Consello Escolar de cada centro e desempeñará as súas funcións por delegación deste para facilitar o cumprimento das competencias que, en materia de convivencia escolar, ten asignadas o Consello Escolar.
- Delegados de Convivencia e de Delegados de clase en cada aula:
Serán elixidos pola súa sección. A súa función é representar á aula e axudar a previr e resolver os posibles conflitos en colaboración co equipo docente. Reúnense dúas veces ao trimestre: unha vez co coordinador e outra co grupo de titores.