A campaña do Domund 2018 finalizou cunha recadación de case 5.800 euros grazas á solidariedade da comunidade escolar e, en especial, dos alumnos e das súas familias. Un ano máis, o Colexio colaborará cunha cifra próxima aos seis mil euros destinados ás misións no mundo. Desde Infantil a Primaria, chegando ata os últimos cursos da ESO, a implicación volveu ser excepcional. Este ano, a maiores e como novidade, sensibilizouse ao noso alumnado con testemuños propios, con xente da casa. Misión en países do sur vividas por persoas (profesores, xesuítas, xornalistas) que traballan no centro e que dedicaron parte das súa vida a coñecer realidades de pobreza e inxustiza no mundo. Así, durante a semana previa ao día do Domund, compartiron as súas vivencias en Guatemala, José Martínez e Maite del Río. Tamén Fátima Novoa, Berni Peralejo e David Viso en Nicaragua, Carmen Cendón en Marrocos, Isabel Hernández en México, Pablo Rodríguez en Ecuador e Perú, José Luis Barreiro en Honduras, Iván Mirón en Ruanda e Sergio García Soto sj na India. A maiores, e convidado por Entreculturas, o director de Fe e Alegría Nicaragua, o pai Everardo Víctor, achegou a dura realidade que vive este país centroamericano en diversas charlas ofrecidas a alumnado de 4º ESO. E tamén aos de Bacharelato durante as súas convivencias.
[WRGF id=7955]