Chega a nosa tradicional cita de cada ano coa solidariedade e cos proxectos da Ong Xesuíta Entreculturas na súa delegación de Vigo. Este ano, polas circunstancias de crise dos coronavirus, non puidemos celebrar o Cross Solidario. Pero invitamos a unirse á iniciativa da Carreira Virtual Solidaria de Entrecultuaras que terá lugar o domingo 24 de maio.
Animamos a toda a comunidades educativa do Colexio Apóstol a participar e a colaborar coa campaña La luz de las niñas de Entreculturas, especialmente enfocada a esta crise do Covid-19.
Correr ou andar 5 km o 3 km, según decida cada quen, nunha carreira sen gañadores onde o gran obxectivo é axudar nos proxectos que a nos Ong desenvolve con nenas, adolescentes y mulleres en varios países do mundo.
Podes inscribirte (por 5 euros) e colaborar (o donativo que consideres) no seguinte enlace:
Inscricción