Convivencias con ESO e Bacharelato

As diferentes convivencias por cursos comezaron estes días, como é habitual no arranque de cada curso. O alumnado de 2º de Bacharelato estivo dous días nas instalacións do colexio Maristas en Tui, onde traballaron con xesuítas, monitores e titores, os seus sonos, as súas esperanzas e os desexos para este curso tan importante para eles. Tamén tiveron lugar as convivencias de 4º de ESO, onde os propios alumnos de 2º de Bach fixeron de acompañantes. Nos próximos días terán lugar os retiros de 1º da ESO e do resto dos cursos do colexio, organizados polo departamento de Pastoral. Unha oportunidade para xuntarse fora da aula, reflexionar e traballar a interioridade.