Convenio coa piscina de Teis

A Asociación de Nais e Pais do Colexio Apóstol (ANPA) renovou o convenio coa Piscina Municipal de Teis grazas ao cal os nenos e nenas das familias asociadas do ANPA poderán asistir este curso ás seguintes clases:
  • Martes de 18:15 h a 19:00 h: 34 prazas.
  • Venres de 17:30 h. a 18:15 h: 18 prazas
  • Venres de 18:15 h. a 19:00 h: 12 prazas.
As clases durarán 45 minutos e teñen un custo de 30,20 euros o cuadrimestre, é dicir 60,40 euros todo o curso. Os cuadrimestres serán de outubro a xaneiro e de febreiro a maio. Para anotarvos á actividade deberedes mandar un correo electrónico a actividadesanpa.colegioapostol@gmail.com. A inscrición realizarase por rigorosa orde de chegada dos correos. O día de comezo de recollida das devanditas solicitudes será o venres 15 de setembro a partir das 08:00 da mañá. Non se admitirá ningún correo recibido antes dese momento. Podedes acceder ao formulario de inscrición a través do blogue do ANPA.